Espectáculo cómico para todos os públicos. O circo está cheio de ilusión e de máxia. A carpa de cores provoca ledicia en pequechos e grandes. Mas hai un rapaz que gosta especialmente do circo: Chukiño.
Un día o noso protagonista descobre que o Circo actuará na vila. Un espectáculo único! Chukiño non dubida e, despois de avisar aos amigos, vai correndo á carpa para coller sitio. Mais os tempos non son doados e a actuación corre o risco de ser cancelada...